Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, será o oferente nas festas da Virxe dos Remedios de Mondoñedo

O Concello pon un servizo de bus gratuíto o domingo 15 de setembro para acudir aos festexos

Ortigueira, 27 de agosto de 2024. O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, será o oferente deste ano das Festas Patronais da Virxe dos Remedios de Mondoñedo.

Nesta celebración, que se celebrará entre o 14 e o 16 de setembro, o rexedor ortegano será o responsable de facer a ofrenda á Virxe, o domingo día 15, ás 12:00 horas. Ademais de Calvín, acudirá unha representación da corporación e a banda de gaitas de Ladrido, que terá unha pequena actuación musical nos festexos.

Valentín Calvín agradece “a la comisión de fiestas de la Virgen de los Remedios de Mondoñedo la invitación a formar parte de su fiesta. Es todo un honor para mí”.

BUS GRATUÍTO

Con motivo desta invitación da comisión de festas, o Concello de Ortigueira pon en marcha un servizo especial de autobús para acudir ese día para gozar da festa en Mondoñedo.

O prazo para apuntarse abre mañá, mércores 28 de agosto, e permanecerá aberto ata o próximo 6 de setembro. O transporte sairá da estación de tren ás 10:00 horas e sairá de Mondoñedo sobre as 17:00.

O servizo é totalmente gratuíto, aínda que non se inclúe comida. Requirirase un mínimo de 30 persoas apuntadas para que se realice esta viaxe. Para inscribirse, as persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 981 400 000, facilitando o seu nome completo e un teléfono de contacto.

Exit mobile version