Daban as 11:30 horas cando os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia foron coñecedores do acontecido grazas ás chamadas de diversos particulares que se atopaban no punto. Segundo informaban, producírase unha colisión múltiple con varios vehículos implicados na A-8, no quilómetro 544 ao seu paso pola parroquia de Argomoso, en Mondoñedo (Lugo).
De xeito inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para prestar asistencia aos posibles feridos. Así como tamén se informou aos Bombeiros de Vilalba e Barreiros, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.
Unha vez os servizos de emerxencia chegaron ao punto, informan de que finalmente producíronse dous accidentes cunha diferencia de entre 400 metros entre eles. O primeiro, producido no quilómetro 544+400, implicou a tres vehículos e houbo catro persoas feridas leves. No segundo, producido no quilómetro 544, o accidente implicou a seis vehículos e afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.
Con todo, a estrada tivo que ser cortada en ambos sentidos.