O pianista asegura estar “muy feliz y emocionado. La respuesta del público me dejó sin palabras ¡Gracias!”.
A alcadesa, Dolores García Caramés, quixo saudar á expedición e ao presidente do Club, Fernando Timiraos, na praia do Torno, e desexoulles moitos éxitos nos desafíos deportivos que teñen por diante. O club PortaMiñá é xa un clásico do verán cervense, porque levan máis dunha década escollendo o noso municipio para realizar estas xornadas de convivencia e deporte.
A Deputación colabora con esta cita cunha ánfora de Gundivós que foi entregada polo representante provincial na entrega de galardóns. Cajoto subliñou a importancia deste tradicional certame “polo peso que representa o sector gandeiro na economía rural da Fonsagrada. Numeroso público seguiu as diferentes probas que congregaron exemplares de gando asnal, mular, cabalos e eguas do país, así como ponis e cabalos de pura raza galega e asturcón.
Daniel García valorou "o espazo que as bandas de musica en galego e os artistas locais teñen no festival desde o inicio, hai unha década" e "o interese da organización por facer parte do festival ao tecido asociativo e cultural de Burela, e a sensibilidade coa diversidade funcional que se reflicte especialmente na loxística desta edición"
Un encontro que comezou cunha misa na igrexa parroquial, e o tradicional xantar que reuniu a 300 persoas no pavillón municipal. Pola tarde, a celebración continuará cun baile no pavillón dos Deportes e as homenaxes ao home e muller de maior idade, quen recibiron varios agasallos por parte do Concello.
A directora da Escola de Minitalentos, Raquel Hermida, sinala que este verano recibimos visitas increíbles en las que nuestros invitados nos explicaron su profesión y nos dieron algún consejo y orientación de vida”.
O impreso de solicitude poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargala da web www.xove.es e entregalo cuberto no mesmo Rexistro ou ben mediante Sede Electrónica do Concello de Xove como instancia xeral e adxuntando ficha de solicitude cuberta. Para máis información: xulianogueira@gmail.com.
Foi organizado polo Club de Tenis Ribadeo, que contou coa colaboración do Concello ribadense e da Xunta de Galicia. Na entrega de premios aos gañadores participaron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, que indicou: “estamos moi contentos de que o Club de Tenis Ribadeo recuperase esta cita, que levaba uns cantos anos sen celebrarse”. E engadiu: “felicidades pola organización deste evento, para o que sempre contarán co apoio do noso Concello. Fomentar a práctica deportiva entre adultos e nen@s e os seus valores son os nosos obxectivos”.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital