Site icon Crónica3.com A Mariña

Juninho, o á zurdo, primeira fichaxe do recén ascendido Pescados Rubén Burela FS

O xogador brasileiro será un dos novos reforzos para unha plantilla que, na súa maioría, estrenará esta tempada en Primeira División

Burela, 13 de agosto., 2024. Wagner Aparecido de Oliveira Junior, Juninho, de 27 anos e nado en São Paulo, é unha das novas incorporacións á plantilla do conxunto masculino do Pescados Rubén Burela FS, un plantel que se estrea en Primeira División cunha maioría de xogadores que lograron o ansiado ascenso. É así que Juninho se unirá a este grupo de 9 xogadores, xa conformado en tempadas anteriores por Pitero, Quelle, Isma, Michal Kaluza, Alberto, Rikelme, Charly, Mika e Malaguti. O á zurdo, provinte do Torreense de Portugal, comeza a xogar ao futsal aos 5 anos no Círculo Militar de São Paulo. Aínda en categorías xuvenís pasa por Portuguesa ata 2009 que volve ao Círculo ata 2013. Na tempada 2014/2015 ficha polo Barueri, pasando polo Corinthians na seguinte tempada e volvendo ao Barueri na 2016/2017. Na 2017/2018 xoga no Intelli, na 2018/2019 no Marreco e na 2019/2020 debuta fóra de Brasil, na liga portuguesa, no Fundão de Portugal por dúas tempadas, volvendo ao Joaçaba, no seu país de orixe. Na 2022/2023 xoga no Foz Cataratas ata a 23/24 que volve á península ao Torrense de Portugal. Esta tempada no Pescados Rubén Burela FS será o seu debut na liga española, xogando toda a súa carreira ata o momento en Brasil e Portugal.

Falamos co xogador brasileiro sobre o que lle interesou do noso club para vir a Burela, “O que máis me interesa é poder participar nunha das mellores ligas do mundo, nun club que quere facer historia”. Sobre o que espera achegar ao equipo, “Espero contribuír coa miña competitividade e axudar aos meus compañeiros para ser mellores cada día”. Sobre os seus obxectivos “O meu obxectivo para esta tempada é, primeiro, dar o mellor de min cada día e axudar ao club para conseguir grandes cousas e seguir competindo na elite do fútbol sala español.” Por último, unha mensaxe á afección e Familia Laranxa “Que sigan demostrando a súa forza porque son importantísimos e que xuntos conseguiremos grandes cousas.”

Exit mobile version