Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurada en San Cibrao a exposición de pintura “Espazos Habitados” de Blanca Dacal

Cervo, 6 de agosto, 2024. Pódese visitar na sala de mostras da Casa da Cultura, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Espazos habitados é o título elixido para a exposición que é unha viaxe de 25 anos a través da cor polos lugares non que viviu, sentiu e desenvolveu a autora a súa obra pictórica, A Alcarria, Madrid, Cádiz, Bos Aires, A Coruña, Xixón e San Ciprián.

Son cadros que resistindo a 15 mudanzas e reubicacións mantivéronse decorando e creando espazos.

Estas pinturas son testemuñas, compañeiras, reflexos de miradas, paseos, sonos, achados, partícipes de familia, amigas, amigos, vínculos, chanzos e moitas veces só presenza de espazos.

Exit mobile version