Os actos comezaron no Isla Nova Hotel con pregóns a cargo de Luis Joaquín Salaverri Cabanela, mestre industrial de Mondoñedo que falou dos lazos da súa familia con Foz desde que era neno, e de Ramón Ermida Meilán, investigador focego que centrou a súa intervención na figura de Pardo de Cela, personaxe compartido polas dúas poboacións. Da presentación encargouse José María García Rivera, ex alcalde de Foz, xerente de Isla Nova Hotel e promotor desta iniciativa xunto a Xesús do Breogán.
Tamén houbo actuacións musicais, a cargo do grupo de gaitas de O Feitizo e do grupo Son´s Varadero, que organiza este evento, coa colaboración dos Concellos de Foz e de Mondoñedo.
As actividades do Día de Mondoñedo en Foz contaron coa presenza dos alcaldes de ambas localidades, Manuel Otero e Fran Cajoto; do cronista oficial de Foz, Xoán Ramón Fernández Pacios; e do xuíz de paz focego, Javier Acebo.