Dará comezo este martes, día 20 de agosto, ás 20.30 horas no pavillón do colexio número 1 coa compañía A Adala Futura para seguir nas prazas do concello do seguinte xeito: o mércores 21, no Parque Rosalía de Castro ás 21.00 horas a compañía Pico do Castro coa obra “Trato a cegas”; o venres 23 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía O Centiño coa obra “Trepa, Tripa e Tropa”; o sábado 24 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía Pedroso coa obra “A inmortal”; e o domingo 25 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía O Batán coa obra “As promesas dos galos”. En caso de choiva as obras pasarán a realizarse na Casa da Cultura.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, móstrase “moi contenta de poder contar cos nosos grupos de Foz e con invitados, coma o gañador do certame de teatro afeccionado do 2023, para facernos desfrutar co teatro ao aire libre en sitios emblemáticos de Foz”.