Xunto a esta actividade, tamén se dará por finalizado o programa de Ludiverán e as Noites de Campamento 2024, poñendo punto e final ás actividades estivais organizadas polo Concello. Estas actividades foron todo un éxito, como demostra a alta participación e o entusiasmo mostrado por veciñas e veciños en cada unha delas.
Ademais, o Concello de Alfoz informa que a vindeira semana publicarase a oferta de actividades para a apertura do CEIP, que incluirá os programas de Madrugadores, Ocio e Estudo e clases de Inglés polas tardes. Tamén se abrirá a inscrición para as Escolas Deportivas na modalidade de fútbol.
O Concello quere agradecer a todos e todas pola súa participación e colaboración ao longo do verán e espera contar cunha gran acollida nas actividades que están por vir.