Site icon Crónica3.com A Mariña

Do 29 de agosto ao 15 de setembro desenvolverase a campaña da Volta ao Cole de AciaFozCCA

Foz, 28 de agosto de 2024. Do 29 de agosto ao 15 de setembro desenvolverase a campaña da Volta ao Cole de AciaFozCCA, na que se sortearán 500 euros en vales de compra.

O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, subliña que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros, entre o 29 de agosto e o 15 de setembro, participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro.

Paleo indica que “deste xeito queremos premiar á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole volve confiar nos negocios locais nos que atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo pobo e si ademais levamos un premio de 50 euros para a casa, moito mellor”.

AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Exit mobile version