Ribadeo, 21 de agosto de 2024. Intensa axenda de actividades culturais en Ribadeo do 22 ao 25 de agosto: charla, exposición, concerto, Festa da Ría, Malla das Anzas e guateque.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “este xoves, 22 de agosto, dentro das actividades de conmemoración do 400 aniversario do Forte de San Damián, Rafa Codes presentaranos o libro El Galeón de Manila, la ruta que cambiou o mundo. Comentará ademais un interesantísimo episodio que conectou a ruta deste Galeón de Manila co convento de Santa Clara hai uns catro séculos. Será ás oito e media, no propio Forte. A entrada é libre e gratuíta, ata completar a foro”.
A edil ribadense dixo que “desde a sete da tarde o Forte de San Damián estará aberto, amosando unha exposición sobre a construción do primeiro Forte, do que se cumpren agora 400 anos. A oferta cultural seguirá o venres, día 23, co concerto Música de Cine da Banda Municipal de Música de Ribadeo, ás oito e media no auditorio. Será un concerto para todos os públicos, con oito pezas de bandas sonoras orixinais de películas, das que seis serán estreas”.
Sanjurjo engadiu: “o sábado podemos participar na Festa da Ría, na tradicional Malla das Anzas, e rematar o día no guateque dos anos 60 e 70 no Parque de San Francisco. O domingo volveremos ter música de guateque para a sesión vermú. Animádemos, vémonos coa cultura”.