Site icon Crónica3.com A Mariña

David Mayo e Tuxa Fernández gañaron o Gran Fondo da Ancares Cycling Marathon

Efrén Castro entregou os premios da carreira, “unha referencia para ciclista de Galiza e doutros puntos do Estado”

O Cebreiro, 11 de agosto de 2024. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro entregou os premios da proba ciclista Ancares Cycling Marathon, que se disputou ao longo da xornada nas estradas de Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, que acolleu a saída -no mercado gandeiro – e a meta – no Cebreiro-.

O leonés David Mayo e a asturiana Tuxa Fernández-Coronado, que xa gañaran a proba o ano pasado, repetiron no máis alto do podio do Gran Fondo, un percorrido de 110 quilómetros cun desnivel acumulado de 3.262 metros que tamén completou o ciclista ruso Pavel Tonkov, convidado de honra a esta cuarta edición da proba organizada polo Club Ciclista Cidade de Lugo co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Efrén Castro valorou “a consolidación de Ancares como unha referencia para ciclistas de Galiza pero tamén doutros puntos do todo o Estado que valoran a experiencia deportiva que ofrece a dureza dos percorridos e a organización profesional da proba” e destacou que “unha gran parte viaxa con familiares e amizades, que amplían a repercusión da carreira tanto desde o punto de vista económico como de promoción turística”

A proba, que ofrecía itinerarios de Medio Fondo -81,2 quilómetros- e Mini Fondo -57,7 quilómetros – reuníu máis de 400 corredoras e corredores de distintos puntos do Estado.

Clasificacións completas:
https://ancarescyclingmarathon.es/clasificaciones-2/

Exit mobile version