Os traballos consistentes en labores de embelecemento do núcleo, incluirán tamén o adecentamento da zona do Souto e do río no tramo urbano
Comeza así unha primeira actuación dun conxunto no que se incluirá o adecentamento da praza do Souto e a limpeza do río de San Miguel no tramo urbano, para o que o Concello tivo que xestionar ante Augas de Galicia un permiso específico que levou anos de tramitacións.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata dunhas actuacións coas que se pretende “embelecer unha zona emblemática da parroquia de San Miguel, un casco histórico a efectos prácticos, que conta cun valor patrimonial en canto a edificacións e social polos usos que fai a poboación que merece intervencións especiais”.
A rexedora resaltou a “necesidade de pór en valor a praza do Souto, epicentro da parroquia, e practicamente o único centro urbano histórico tanto patrimonial como socialmente existente no municipio”.
A adquisición dos cubrecontenedores realízase ao abeiro dun Convenio asinado coa área de rural da Deputación de Lugo e ascende a 25.000euros