Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristobal Rodríguez supervisa o Mundial Universitario de Pentatlon Moderno en kaunas (Lituania)

Viveiro, 23 de agosto, 2024. Despois do éxito nos xogos olímpicos de París, onde o Equipo que levou a cabo o desenvolvemento da Competición de Pentatlón moderno, co Viveirense Cristóbal Rodriguez como Oficial de Operacións de eventos, recibiron a felicitación da comisión organizadora dos Ánxeles 2028 e Rodríguez xunto ao seu compañeiro Maxime Papillón foron convidados para manifestar as súas impresións á Casa de EE.UU en Paris.

Durante os catro días que durou o evento entre clasificatorios, semifinais e finais, esgotáronse todas as entradas no Palacio de Versalles onde tivo lugar o mesmo. Sen tempo para soltar a maleta, Cristóbal Rodriguez xa se atopa na Cidade Lituana de Kaunas onde coordinará o Campionato do Mundo Universitario de Pentatlón Moderno.

Exit mobile version