Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan as festas patronais de Xove

Xove, 29 de agosto, 2024. Dentro da programación das festas patronais de Xove, a quenda este xoves foi coa actuación do Teatro O Cubo coa representación de “De Vilatriste a Vilalegre” dentro da Xira aniversario do Centro Dramático Galego.

Foron moitos nenos e nenas que a pesar da choiva puideron disfrutar da obra dentro do pavillón municipal de deportes.

Na tarde-noite está previsto o pregón das festas ás 20:30 h no Salón de Actos do Centro Cívico a cargo de Dª Lolita Barro, que foi mestra na Escola Mixta de Veiga, na parroquia de A Rigueira, entre 1970 e 1976 e posteriormente no Colexio Público de Xove entre 1076 e 1996.

A continuación ás 22:00 h terá lugar o concerto musical de Queiman Folki de Bruxo Queiman na praza do concello; coa previsión de si chove poder cambiar dita actuación para o pavillón municipal.

Exit mobile version