Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa a programación das XIV Xornadas Memoria dun Tempo

Mañón, 20 de agosto, 2024. Despois do acto do pasado domingo 18, este xoves ás 19:30 hras, no Centro Sociocomunitario de O Barqueiro, contaremos con Iria Morgade, historiadora e escritora, quen ven de recibires recentemente o Premio Antón Losada Diéguez 2024 pola súa obra “Quén escribirá a miña historia?”, un libro no que hai moito de realiade histórica que xa quixéramos tivera sido ficción: torturas, asasinatos, represión, todo no marco do golpe militar do 36, a Guerra Civil e a posguerra de fame e violencia contra os vencidos.

Iria Morgade falaranos do contido do seu libro e de moito máis nun relatorio que baixo o título “Investigación e divulgación: os vieiros da memoria” conecta totalmente cos obxectivos destas Xornadas que organiza Nordés, a divulgación, análise e coñecemento de tantos feitos que tiveron lugar ao longo da nosa terra e que non deber caer no esquecemento. Os vieiros da memoria da memoria son complicados de percorrer, pero non imposibles.

É por iso se convida a asistir a esta conferencia que de seguro vai estar moi interesante e que vai permitir coñecer das investigacións e accións divulgativas de xente nova coma Iria que están traballando arreo por sacar á luz cousas que quixeron que soubéramos nun tempo escuro, e que moitos anos despois de sucedidos queren borrar da propia Historia deste país como si nunca tiveran pasado.

Exit mobile version