Participaron 11 rapaces e rapazas, maiores de 18 anos, durante os meses de xullo e agosto
No curso, que se desenvolveu nos meses de xullo e agosto, participaron 11 mozos e mozas que aproveitaron ao máximo á experiencia “creando un grupo espectacular”, a alcaldesa quixo neste senso felicitar a todos os participantes e darlle os parabéns especiais a Alicia, a súa monitora “que tan ben soubo levar o grupo e motivalo á hora de formarse neste nicho con boas perspectivas laborais”.
A alcaldesa compartiu un anaco con todos eles, e fíxolles entrega do diploma correspondente, desexándolles moita sorte no seu futuro laboral, “agardando que este curso que lles facilitamos desde o Concello de Cervo e que complementa o seu currículum, lles axude nese mercado laboral cada vez máis competitivo”. Desde o Concello de Cervo -engadiu- traballamos para tentar ofrecerlles aos mozos todas as ferramentas que temos na nosa man, para reforzar e “dirixir a súa formación programando diversas actividades que cremos que poden constituír un apoio importante para o seu futuro e desenvolvemento persoal e profesional”.
A alcaldesa intercambiou impresións co grupo que destacou o gratificante que foi a experiencia “trasladáronnos que se cumpriron os obxectivos marcados, e que recibiron a formación necesaria para participar en campamentos, nas diferentes actividades socioculturais que se programen, en obradoiros…; algo que nos satisfai e nos anima a seguir programando este tipo de cursos tan proveitosos para a nosa mocidade”.