Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo acollerá a II carreira de Andadura o sábado 7 de setembro

A cita está organizada asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do Concello na Pista Ecuestre contruída con fondos municipais o pasado ano

Cervo, 31de agosto de 2024. O Concello de Cervo será o sábado 7 de setembro o escenario da II carreira de Andadura que se celebrará na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira.

A competición, que arrincará ás 10:30 horas pola mañá, e ás 16:00 horas pola tarde, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación Cabaleiros da Bidueira, que organiza a cita cabalar coa colaboración da administración local.

A competición arrincará ás 10:30 horas, e irán sucedéndose as carreiras nas diferentes categorías (sub 16, serrada +1,50, serrada -1,50, chapeada +1,50, chapeada -1,50; haberá case 2000 euros en premios, ademais de trofeos e medallas. Tamén recibirá trofeo o xinete que consiga bater o mellor rexistro da pista fixado en 29,76 segundos.

O prazo para anotarse remata o 4 de setembro e as persoas interesadas poden facelo por wasapp no 658 03 20 19.

Tal e como recordan desde o Concello a iniciativa de construír esta pista que supuxo un investimento superior aos 40.000 euros procedentes das arcas municipais naceu da comunicación con estes rapaces afeccionados ao mundo cabalar, cunha gran tradición en Cervo.

Grazas á sinatura dun convenio por parte da Comunidade de Montes e o ente municipal, no que a Comunidade cedeu os terreos para a súa construción e o Concello aportou a financiación pertinente, “conseguimos crear un espazo apto e seguro para a equitación dentro do noso concello cheo de vida”.

Exit mobile version