A cita deportiva enfrontará ao C.D. San Ciprián, á S.D. Candelaria e á S.D. Burela, que militarán en 2º (San Ciprián e CandelariaI) e 1º autonómica (Burela), respectivamente.
A competición comezará ás 19:00 horas, co enfrontamento entre o C.D. San Ciprián e a S.D Candelaria. Ás 20:00 horas será o choque entre a S.D. Candelaria e a S.D. Burela; e xa ás 21:00 horas está previsto o partido entre o club anfitrión e a S.D. Burela.
Tal e como apuntou a alcaldesa, trátase dun evento deportivo xa consolidado como complemento perfecto á Festa da Maruxaina que terá lugar a próximo sábado, “marcando o deporte o pistoletazo de saída, neste caso, á esta celebración declarada de Interese Turístico Galego”
Ademais, a alcaldesa aproveitou a ocasión para desexarlles moitos éxitos na tempada aos dous clubs locais, a C.D. San Ciprián e a S.D. Candelaria, que volverán compartir categoría un curso máis.