A axuda, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, xa serviu para a construción dunha caseta con baños públicos e posto de socorrismo
Burela, 9 de agosto de 2024. O Concello de Burela vén de recibir 41.449,40€ por medio da subvención a Concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
Esta subvención para a mellora dos servizos das praias provén dos fondos NextGenerationEU da Unión Europea, e supón o 90% do orzamento total das obras, cifrado en 41.449,40€.
A axuda serviu para a construción dunha nova caseta que inclúe o posto de socorrismo e uns baños públicos, que foi inaugurada nos últimos días.
“Estamos moi contentos co resultado, e seguiremos traballando nesta liña de mellorar servizos, e mellorar a imaxe da vila”, destaca o edil. “A veciñanza presente cando se estaba facendo a instalación da nova caseta xa nos trasladou a súa satisfacción con esta”, engade.
Fernández Rey concluíu sinalando que dende o Comcello agardan “que a xente coide a nova caseta e faga uso dela dunha forma axeitada, para conservala da mellor maneira posible”.