Estes campamentos, que se desenvolveron no CEIP Virxe do Carme ao longo de xullo e agosto, estiveron organizados a través da Aula Gaia de Educación Medioambiental.
A concelleira responsable da aula Gaia, Lina Gómez, destacou que a cativada participante “fixo un montón de actividades que forón máis alá das típicas en campamentos deste tipo, incluíndo sesións de cinema, xogos, manualidades e moitísimo máis”.
Gómez sinala que “a nova edición dos campamentos foi, de novo, un éxito, polo que agradecemos enormemente a colaboración de todas as familias, da cativada e de todas as persoas implicadas”.
Entre as iniciativas máis destacadas realizadas no marco dos campamentos estiveron a visita da AECC, coa realización de xogos para concienciar sobre a importancia da protección solar, ou a ruta coa asociación de sendeirismo “Pasada das Cabras” xunto aos usuarios e usuarias da fundación Eu Son.
Ademais, tamén se realizaron diversas actividades con motivo da obtención, un ano máis da bandeira azul por parte do centro Gaia e mais da praia do Portelo.
A cativada tivo a oportunidade de coñecer máis de preto ás medusas, aprender máis sobre a reciclaxe ou detectar ovos de quenllas e raias nas praias de Burela. Tamén se realizou un xogo de pesca no que se concienciou sobre os perigos da pesca excesiva.
Tamén destacaron a visita á panadería na que as nenas e nenos puideron preparar pan e pizza, as saídas á praia, a actividade na Marosa co club de tenis ou a visita á Confraría de Pescadores.