Terá lugar na praza do Concello o 15 de agosto entre as 16:30 e as 19:00, sendo de balde e dirixida a maiores de 12 anos
Tratarase dunha actividade gratuíta dirixida a maiores de 12 anos, que consiste nunha simulación dos movementos do surf tradicional no asfalto. Desenvolverase entre as 16:30 e as 19:00.
O presidente de Burela Surf Club, Iván Penelo, sinala que o surfskate “axuda a ter un mayor control e axilidade, para logo poñer ditos movementos en práctica na auga”. “Ademais serve para desprazarse polas rúas como se foses surfeando, ao que se lle chama surfear as calles”, explica.
“Se queredes comezar a surfear o asfalto non vos perdades esta actividade, o voso primeiro tubo será na praza do concello de Burela”, engade Penelo.
Esta actividade encádrase no proxecto “Ondas Limpas” do Concello de Burela, financiado polo GALP A Mariña Ortegal. “O proxecto céntrase na conservación das praias e do medio ambiente costeiro na nosa localidade”, indica a alcaldesa de Burela, Carmela López.
“Da man do Burela Surf Club, ao que apoiamos desde o primeiro momento na súa creación, teremos obradoiros educativos, charlas informativas e actividades recreativas como a desta semana”, engade a rexedora. Máis información, nas redes sociais do club, presente en Instagram como @burelasurfclub.