Seis empresas da comarca expoñen ata mañá domingo arredor de 70 coches novos e usados. A Feira pode visitarse hoxe ata as oito da tarde e mañá en horario de 10 a 20 horas.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, agarda que “a feira funcione. É a primeira vez que organizamos un evento deste tipo, pero queremos seguir manténdoo no tempo e consolidándoo como unha cita importante a finais de agosto en Ribadeo”. E engadiu: “animamos á xente amante dos coches e a aquelas persoas que estean pensando en mercar ou cambiar de coche a que se acheguen pola feira hoxe e mañá”.
Ata Feira do Automóbil se achegaron esta mañá o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Cultura e Seguridade, Begoña Sanjurjo e Montse Seijo, que acompañaron ás empresas participantes e ao presidente de Apaga, Álvaro Doural, no arranque do evento.