Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranca unha nova edición do Vrao de Foz

As sesións de dj en locais de hostelería animan o inicio do festival, que reúne a grupos como Ataque Escampe, Lucía Aldao ou Alcalá Norte mañá no recinto do Martínez Otero

Foz, 17 de agosto de 2024. O deputado de Mocidade Daniel García, o tenente alcalde de Foz Xavier Fanego e a concelleira de Mocidade Zoraida Coira achegáronse este venres ao recinto do Vrao Sons Indepentes, que comeza esta noitiña en Foz coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo.

O escenario referencial do festival será o patio do Colexio Martínez Otero que cede as súas instalacións para os principais concertos: os de Ataque Escampe, Lucía Aldao, Fantasmage, Alcalá Norte, Menta e Grande Osso, que se celebrarán este sábado desde ás 20.30 horas.

A organización apostou nesta edición por extender o eco do festival con actuacións en diferentes localizacións da vila, implicando a hostelería local -Bico Praia, O Muelle Bar, Namarinos, Espacio Machete e Namarinos -, onde esta noite – desde as 20.00 horas- e mañá sábado -desde as 13.30 horas – se poderán escoitar sesións dxs dj Certain People, Sofía de Africa, Piti, Isaac Peces, Ningún Dj e El Hombre Vil.

O deputado de Mocidade explicou que “xestionamos un convenio co Concello de Foz para colaborar nos gastos do festival e apoiar a súa continuidade, con este formato que reforza a implicación de tecido social da vila no evento” e reafirmou “o compromiso da Viepresidencia da Deputación de Lugo coas iniciativas que teñen un soporte popular e unha vinculacion co lugar en que se desenvolven para que o traballo e o investimento que require a organización impulse a actividade cultural e social ao longo do ano”.

A recadación das barras do VRAO destínarase á financiación das categorias inferiores do CB Celtas de Foz.

Exit mobile version