Decontado, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Viveiro, que xa tiñan constancia do incendio. Tamén se informou á Policía Nacional e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.
Así, tras extinguir o lume, os Bombeiros comunicaron que unicamente arderan os pellets que había no interior do silo, sen que sequera afectara á estrutura. Arrefriaron a zona e deron por rematada a súa intervención.