Site icon Crónica3.com A Mariña

Ameijide, tras visitar Cervo e Riotorto: “A Deputación pon en risco aos usuarios e xera mala imaxe entre os nosos visitantes coas marxes das vías provinciais sen desbrozar a mediados de agosto”

Antonio Ameijide critica “a falta dunha política seria por parte do goberno da Deputación en apoio ao turismo” ante “a mala imaxe que proxectan as vías provinciais coas marxes sen rozar” que se suman “a estradas desfeitas co firme desgastado, blandóns ou incluso buratos”

Lugo, Mércores, 7 de agosto de 2024. A maleza obstrúe parte da calzada das estradas da Deputación de Lugo dificultando a visibilidade e, polo tanto, “constituíndo un risco para os usuarios que pode ser máis acusado nos concellos máis turísticos coma os das comarcas da Mariña e a Ribeira Sacra polo incremento do volume de tráfico agora no verán. É inconcibible que estean sen desbrozar as marxes das vías provinciais cando imos cara a mediados de agosto”, segundo o portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, que se fai eco das queixas de alcaldes, portavoces e veciños de distintos concellos da provincia.

“A situación repítese tanto nalgúns concellos costeiros coma Cervo coma en concellos da zona interior da provincia coma Riotorto: a maleza obstrúe parte da calzada estreitecendo o paso para os vehículos e tamén tapa os sinais”. Así o puido comprobar estes días o portavoz provincial do PP xunto ao viceportavoz, Demetrio Salgueiro, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e xunto aos deputados José María Fernández e Clemente Iglesias, tamén alcalde de Riotorto.

Os populares como exemplo o caso da LU-P-1506 (Cervo-Cuíña) que comunica coa praia da Rueta e onde a presenza da maleza dificulta que se poidan cruzar dous vehículos en condicións de seguridade ou da LU-P-5504 (Muíñonovo – Santalla) que comunica coa parroquia de Santalla, en Riotorto, e na que a altura da maleza sobrepasa os sinais.

Os populares reiteran a súa petición para que o goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo axilice os traballos de desbroce das marxes das vías provinciais en tódolos concellos da provincia para para a seguridade. Os deputados xa o solicitaran formalmente no último pleno provincial, ademais de advertir da necesidade de “actuar con previsión en vindeiras anualidades para ter contratados os traballos de forma que empecen antes da temporada estival”.

FALTA DE APOIO AO TURISMO NA PROVINCIA

Ameijide engade que, “ademais do perigo que pode supoñer que as estradas provinciais aínda estean sen desbrozar, esta falta de previsión por parte do goberno de PSOE e BNG que preside José Tomé para acometer os traballos de limpeza das marxes antes da época estival está a proxectar unha mala imaxe da provincia”.

“A falta de desbroce a estas alturas do ano súmase ao estado de moitas vías titularidade da Deputación que se atopan desfeitas -co firme en mal estado, con blandóns e incluso con baches e buratos-. Isto demostra a falta dunha política seria por parte do goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo de apoio ao turismo na provincia que contrasta co esforzo inversor da Xunta de Galicia ou a planificación do traballo por parte dalgúns Concellos”, conclúe.

Exit mobile version