O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación das actividades, que comezan mañá venres a partir das 23,00 horas coa actuación da orquestra New York e unha discoteca móbil. O sábado as formacións Stéreo e Miramar tocarán nas verbenas que haberá pola mañá e pola noite. Pola tarde o campo a festa acollerá xogos populares.
Por último, o domingo día 4 terá lugar a tradicional procesión de vehículos polas parroquias de Alfoz – 11,00 horas – ; e haberá animación musical co grupo Montreal, entre outras actividades.