Foz, 28 de agosto, 2024. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na casa da cultura Poeta Manuel María de Foz o vindeiro xoves 29 de agosto ás 20:30 unha proxección do filme documental a Cidade da Selva, coa presenza do seu director Miguel Riaño.
A Cidade da Selva é un documental sobre a historia da guerrilla antifranquista na Galiza, articulada arredor da Federación da Guerrillas da Galiza, cuxo principal dirixente foi Marcelino Fernández Villanueva “O Gafas”.
Marcelino Fernández Villanueva “O Gafas” foi un importante activo da guerrilla mariñá entre 1947e 1948, cando actuou polos concellos de A Pastoriza, Foz, Lourenzá é Mondoñedo.