Foi un aviso dun particular o que alertou ao 112 Galicia dos feitos, minutos despois das 7 horas: este explicaba que estaba escoitando berros que podían corresponderse cunha petición de axuda no mar, na zona da praia de San Bartolo.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, do GES de Cervo, da Policía Local de Foz e dos voluntarios de Protección Civil de Foz.
A continuación, desde Salvamento Marítimo informaron que estaban a mobilizar o helicóptero de rescate Pesca II, de Gardacostas de Galicia.
Unha vez os medios no punto se aseguraron de que ninguén estaba en perigo deron por finalizada a súa intervención.