Este xoves tivo lugar o pregón das festas a cargo de Dª Lolita Barro, que foi mestra na Escola Mixta de Veiga (parroquia de A Rigueira-Xove) entre 1970 e 1976 e tamén no Colexio Público de Xove dende o 1976 ata 1996 que se xubilou. A súa presencia encheu totalmente o salón de actos cun pregón moi emotivo, cheo de vivencias e recordos.