A cita será o domingo día un de setembro ás 19:00h na Praza de Santa María do Valadouro.
Á parte do grupo anfitrión, este ano estará acompañándoo a Asociación Cultural Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, actuación encadrada dentro do programa Danza3 da Xunta de Galicia.
Durante o acto, efectuarán o sorteo dunha mariscada para dúas persoas e unha cesta con diversos productos.
As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación.
Se as condicións meteorolóxicas fosen adversas ese día, o evento trasladarase o pabellón municipal.
A asociación cultural convida á asistencia e a desfrutar dunha tarde – noite de música e baile tradicionais!