Foz, 22 de agosto de 2024. O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co alcalde de Foz, Francisco Cajoto; visitou hoxe a iniciativa Fóra Stocks, unha acción organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e apoiada pola Xunta no marco convocatoria para a innovación e a dinamización dos centros comerciais abertos, á que este ano se destinan un total de 2,25 millóns de euros.
Durante estas xornadas -que se celebrarán desde hoxe e ata o sábado 24 de agosto- a trintena de establecementos comerciais adheridos á campaña sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Gabriel Alén destacou a importancia deste tipo de eventos para achegar o comercio local á cidadanía e incentivar as compras de proximidade, contribuíndo ademais á dinamización da economía das vilas e cidades galegas.