O representante da Consellería do Mar puxo en valor o papel deste evento, organizado pola Fundación Expomar e co que colabora a Xunta, na promoción de produtos de artesanía alimentaria; nicho de mercado no que A Mariña e Galicia teñen moitas posibilidades.
Antonio Basanta salientou así a importancia desta plataforma de exposición comercial-feiral que intenta poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos desta zona marítima e doutras colindantes, desde a sustentabilidade e da conservación do medio. O encontro é fiel ao reflexo destes valores, así como dos recursos pesqueiros, tradicional artesanal e patrimonio cultural. Ten unha superficie de 2.500 metros cadrados, no que están representados 55 expositores, 12 máis que o ano anterior, nacionais e internacionais. Na última edición, a feira foi visitada por unhas 6.000 persoas.