O sector presentou diversos proxectos nos que están traballando estre os que destaca a celebración dunha nova edición das xornadas técnicas organizadas pola OPP77 de Celeiro
Por outra banda, tamén foron tratadas algunhas das demandas e inquedanzas dos profesionais do mar como a necesaria remuda xeracional ou a mellora de funcionamento e xestión da capacidade de apoio ás OPP. Asuntos nos que a administración autonómica traballa da man do sector, en liña co modelo de cogobernanza polo que se ven apostando desde a Consellería do Mar. Finalmente tamén se abordaron futuros proxectos nos que se está traballando e nos que colabora a Xunta como a celebración este ano da vindeira edición das xornadas técnicas que organiza o sector pesqueiro da localidade.