Site icon Crónica3.com A Mariña

A terceira edición do concurso de karaoke ‘Viveiro Canta’, celebrada este mércores, foi un rotundo éxito

Viveiro, 8 de agosto de 2024. O Concello de Viveiro fai un balance moi satisfactorio da terceira edición do concurso de karaoke ‘Viveiro Canta’, celebrado onte pola noite na praza Maior.

Houbo dúas categorías, unha infantil e outra adulta. Un xurado profesional decidiu os gañadores e gañadoras do certame.

Na categoría infantil, a gañadora foi Inés Mariño Gómez, o segundo Julio Coto Arias, e a terceira Ainara Sánchez Lage. En categoría adultos, a gañadora foi Mónica Puerta Rivas, o segundo Salvador Sesdá García, e o terceiro José Lage.

“Estamos moi satisfeitos pola acollida dos e das participantes, veciños e visitantes; unha cita multitudinaria e moi esperada nas festas de agosto de Viveiro”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fenández-Noriega, que agradece “a todas as persoas que fixeron posible este evento a ao xurado profesional do conservatorio”.

Exit mobile version