Site icon Crónica3.com A Mariña

A Quenlla realizará un gran concerto homenaxe a Avelino Díaz o vindeiro 23 de agosto – ás 20.30 horas – na igrexa mosterial de Meira

Será a primeira interpretación en directo e completa do disco “Na lírica emoción” que publicaron o pasado mes de novembro e que inclúe doce poemas musicados do poeta (Órrea-Riotorto, 1897- Buenos Aires, 1971). O concerto, promovido pola Asociación Avelino Díaz, presentouse este luns no xardín do Pazo de Marcos nun acto no que interviron representantes do colectivo cultural Azucena Gavín e do grupo musical: Mero Iglesias, Manuel Dopico, Tania Capón e Álvaro Cardalda, que coincidiron en valorar a relevancia do traballo discográfico para difundir e popularizar a poesía de Avelino Díaz.

Exit mobile version