Cruzado Iglesias explicou que “foi unha primeira toma de contacto para darlle a coñecer a Federación de Comercio A Mariña, as asociacións que a compoñemos e os proxectos nos que estamos a traballar nestes momentos e para os que agardamos contar coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio”.
A presidenta da FCAM engadiu: “o balance que podemos facer deste encontro é positivo”.
No encontro estivo presente Beatriz Irigoyen, xestora da FCAM.