Site icon Crónica3.com A Mariña

Soberbia clausura do ‘XI Festival Bal y Gay’ coa Orquestra Sinfónica de Galicia en Mondoñedo

Mondoñedo, 24 de agosto, 2024. O ‘XI Festival Bal y Gay’ concluíu coa soberbia actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), unha das máis importantes de España e con gran prestixio internacional, na impresionante Catedral de Mondoñedo este venres 23 de agosto. A formación dirixida de maneira maxistral por José Miguel Pérez-Sierra interpretou obras de Groba (Sinfonietta Rococó en Re, Momentos porriñeses) e Chaikovski (Variacións sobre un tema rococó Op.33), neste último caso xunto ao fascinante violonchelista Santiago Cañón-Valencia. Deste xeito, a OSG pechou por cuarto ano consecutivo o festival. Un final inmellorable con este símbolo cultural de Galicia desde hai máis de 30 anos nun dos lugares máis emblemáticos da rexión. Un exemplo perfecto da filosofía do evento, que comezou en 2014 cuns cursos de clarinete en Nos -parroquia de Foz (Lugo) con menos de 500 habitantes-. Agora é toda unha referencia en España por ofrecer a mellor música clásica do mundo en escenarios únicos da comarca lucense da Mariña. Más de 20.000 espectadores acudiron ao festival ao longo de toda a súa historia para presenciar máis de 100 concertos nos que actuaron 400 artistas.

Preto de 3.500 espectadores esgotaron as entradas para os 12 concertos realizados no ‘XI Festival Bal y Gay’ do 8 ao 23 de agosto. Un público heteroxéneo en idade (maiores, novas, familias) e procedencia (diferentes recunchos de España e Galicia) que gozou con recoñecidos artistas a nivel internacional (Elias String Quartet, Sergey Kachatryan, Katharina Konradi) e prestixiosos artistas españois con repercusión mundial (Orquestra Sinfónica de Galicia, Musica Ficta, Nereydas, Cuarteto Cosmos, Ruth Iniesta, Martín García García, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias). Nomes contrastados e mozos de gran talento nun cartel sorprendente.

“El balance de esta undécima edición no puede ser más positivo. Como cada año, ha sido un sueño hecho realidad tener a artistas internacionales y nacionales de semejante renombre. Nunca pensamos que podrían venir a A Mariña cuando empezamos el festival. Las expectativas crecen cada año y las estamos cumpliendo. El público sigue considerando el Festival Bal y Gay como una cita imprescindible en su agenda de verano. Además, ha existido una clara aproximación a Asturias con las actuaciones de Martín García García y de la Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias (OSPA). Queremos agrandar el festival hacia nuestra comunidad autónoma vecina”, asegurou a directora Alba Rodríguez. “Se ha mostrado la línea que queremos continuar, apostando siempre por la excelencia, la experiencia de las grandes figuras y el talento joven. Una programación de alto nivel, comparable a las de las grandes salas internacionales de conciertos y de las capitales mundiales de la música. El año que viene pretendemos ampliar propuestas, espacios y lugares, incluso fuera de las fronteras de A Mariña”, concluiu Rodríguez.

Exit mobile version