A saída e a meta serán na Praza dos Campos, en San Cibrao
Cervo, 23 de agosto de 2024. O Concello de Cervo será o escenario da II Carreira Popular Sanci 5 KM, o próximo 25 de agosto, a partir das 11:00 horas e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos en San Cibrao, onde se situará a saída e a meta do evento.
A cita deportiva está organizada polo Club Maderas Barcia Cervo coa colaboración do Concello de Cervo.
Tal e como explicaron desde a organización establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas, desde a categoría Pitufos Sub 8 ata Cadetes.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en todas as categorías, obsequios para os mellores clasificados locais, e os 100 primeiros inscritos na carreira de adultos recibirán unha camiseta técnica conmemorativa.