Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación amosou os atractivos turísticos da provincia nunha nova edición de Produart

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou no acto de clausura da XXII edición da Feira dos Produtos do Mar, Artesanais e Ecolóxicos Produart, unha cita, que tivo lugar na Nave de Redes de Burela e que se celebrou ao longo desta fin de semana. A institución provincial colabora con este evento, que organizou o Concello de Burela, a Asociación Ledicia e a Fundación Expomar, cunha achega económica de 3.700 euros. Ademais, a Deputación instalou un expositor informativo no que se deron a coñecer os diferentes recursos paisaxísticos, naturais e gastronómicos que se poden atopar na provincia.

Exit mobile version