O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento asistiu a esta cita, declarada de Interese Turístico Galego, e que ten lugar esta fin de semana
Lugo, 10 de agosto de 2024. O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, asistiu este sábado ao pregón de apertura da trixésimo segunda edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, unha cita declarada de Interese Turístico Galego e que se celebra dende o 9 ata o 11 de agosto no centro histórico do municipio. A institución provincial realiza unha achega económica de algo máis de 18.000€ para a realización deste evento.
A xornada deste sábado iniciouse ás 11:00 horas co desfile inaugural e a continuación, tivo lugar a lectura do pregón que realizaron María Teresa Sanz e Pablo Zarzalejo, a primeira parella que se casou polo rito medieval hai quince anos.
A programación, que deu comezou o venres coa apertura dos postos, incluirá cerca dun centenar de actividades como representacións históricas, demostracións e venta de produtos artesáns, degustacións gratuítas, actuacións musicais ou o Gran Torneo Medieval.