Este mercado está considerado como un dos máis antigos da provincia e presenta, nas rúas do casco histórico mindoniense, unha ampla oferta de postos artesáns e actividades lúdicas
Ademais, a conselleira puxo en valor a ampla tradición deste Mercado Medieval, que está considerado como un dos máis antigos da provincia e que presenta, na Praza da Catedral e nas principais rúas do casco histórico mindoniense, unha ampla oferta de postos artesáns. Estes espazos amosan os oficios tradicionais da Idade Media, proporcionan a posibilidade de degustar diferentes produtos alimentarios e permiten participar en xogos populares, entre outras actividades.
Así, o programa deste mercado incorpora animación musical nas rúas, contacontos, malabares, monicreques, exhibicións de cetrería, torneos medievais e queimada popular, entre outros moitos atractivos. Así mesmo, hai un recuncho infantil, con actividades para os nenos no parque infantil ao carón do Seminario.