A popular, que ficha pola cooperativa de Armadores de Vigo, considera “imprescindible estar no día a día do pobo para exercer o labor de representante dos veciños de Foz e non só asistir aos plenos”
Rodríguez explica que “tomo esta decisión por motivos de traballo. Este cambio non entraba nos meus plans cando tomei posesión fai agora un ano” e incide en que “foi un orgullo ser concelleira en Foz polo Partido Popular e formar parte do grupo de traballo que lidera Javier Castiñeira que terán sempre o meu cariño e o meu apoio”.
Tanto os compañeiros do PP de Foz coma o Partido Popular da provincia somo “coñecedores da valía de Mercedes Rodríguez no persoal e no profesional, especialmente no sector pesqueiro”. Nese sentido, trasládanlle “a mellor das sortes” nesta nova responsabilidade que lle “require unha importante dedicación a unha da cooperativa cunha flota por tódolos mares e que a converte nunha das máis importantes non só de España, senón de Europa ou incluso do mundo”, segundo apunta o portavoz, Javier Castiñeira.
Así mesmo, en nome do PP de Foz amosa o seu “orgullo” porque “Mercedes Rodríguez formara parte da candidatura como número 2 do noso proxecto de goberno no que priorizamos a boa xestión que poden aportar persoas coma ela e que contrasta, precisamente, co modelo que apreciamos por parte do bipartito”.
MIGUEL FERNÁNDEZ INCORPÓRASE COMO CONCELLEIRO
O Grupo Municipal Popular de Foz incorporará a Miguel Fernández, fillo de Pedro Manín -o anterior tenente de alcalde durante o goberno popular-. “Miguel é un rapaz de Cangas moi traballador e que ten o compromiso absoluto con Foz como tivo seu pai e como puido vivir de primeira ma. Para nós é un privilexio contar con el como concelleiro na corporación local”.
O Partido Popular de Foz afronta estes cambios co compromiso e a ilusión de seguir traballando polo noso concello: “o noso proxecto aposta por xestionar e non por deixar pasar as cousas como está facendo o bipartito actualmente”.