Celebrada a vista oral de ambos os procesos no Tribunal Xeral da UE en Luxemburgo que finaliza o proceso xudicial
Este Regulamento é consecuencia doutro, aprobado en 2016, que pretendía regular a pesca de especies profundas e protexer os espazos mariños vulnerables (EMVs ou VMEs en inglés).
O Reino de España, a través do Ministerio de Pesca, presentou o seu recurso no Tribunal de Xustiza da UE o 14 de novembro. Pola súa banda, a OPP Burela e as súas 16 empresas co-demandantes presentaron o seu recurso o 13 de decembro de 2022 no Tribunal Xeral da Unión Europea.
Na vista oral han participado ambas as entidades defendendo os seus recursos, así como a Xunta de Galicia e o Reino de España como coadxuvantes da OPP Burela. A parte contraria é a Comisión Europea, que contaba co apoio do Consello Europeo e o Parlamento Europeo como os seus partes coadxuvantes.
“Se han recurrido deficiencias de forma y de fondo. Ya sabíamos que sería un proceso lento y caro, en tiempo y en dinero, pero consideramos que teníamos que acudir a defender a nuestra flota porque esta norma tan desproporcionada pone contra las cuerdas la viabilidad de las empresas que mantienen una forma de pescar totalmente tradicional y con el arte de pesca más selectiva que existe, el palangre, que en el caso de la merluza se ha demostrado que no tiene impacto en el fondo marino”, comenta Sergio López en representación da OPP Burela e as súas empresas.
As demandas solicitan a anulación deste regulamento por considerar que foi desproporcionado e discriminatorio na aplicación da vedas, e por considerar varios déficits na aprobación do mesmo: a falta dun proceso adecuado de consulta pública, a falta de informes previos de impacto socioeconómico e -o principal para a OPP Burela- a falta de datos de impacto diferenciado por artes de pesca, xa que o palangre dirixido á pescada foi o máis afectado, cando a pescada como especie demersal (vive na columna de auga pero non no fondo do mar) non estaba incluída no Regulamento de especies profundas.
O impacto que sufriu esta frota palangreira está por encima do 30% anual no seu volume de capturas, o que fai inviable totalmente o seu futuro. Durante o procedemento xudicial achegáronse estudos de tipo socioeconómico, realizado pola Universidade de Santiago; de tipo cartográfico, para demostrar as diferenzas entre zonas de Europa; e outro co IEO (Instituto Español de Oceanografía) de caracterización técnica do palangre da pescada, cos resultados dunha campaña de observación realizada no último trimestre do ano pasado e que demostrou que non hai impacto nos fondos mariños nin nos EMVs.
Esta vista oral é a parte final do procedemento no que os avogados de todas as partes expoñen os seus argumentos #ante os 5 xuíces designados para este caso, que marcaron para o 15 de xullo o peche da fase oral e a fará pública a súa sentenza final nos próximos meses.
Por parte de OPP Burela valórase “el escrutinio detallado que el Tribunal ha hecho de los argumentos de las demandantes; creemos que los jueces han entendido correctamente las pruebas presentadas en cuanto el palangre demersal no tiene impacto en los fondos marinos y las graves consecuencias económicas derivadas de su prohibición”.