Site icon Crónica3.com A Mariña

VIII Carreira Popular de Viveiro, o 8 de agosto, en homenaxe a Adrián Ben

VIveiro, 25 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro acollerá o día 8 de agosto, xoves, a VIII Carreira Popular de Viveiro #TodosConAdry, que servirá para homenaxear ao atleta Adrián Ben no marco das Olimpíadas de París 2024.

O día 8, desde ás 20:00 horas na praza Maior, celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2017 e posteriores); Sub10 (2015-2016); Sub12 (2013-2014); Sub16 (2009-2010); Sub14 (2011-2012), e Absoluta (2008 e anteriores).

A alcaldesa, María Loureiro, convida á veciñanza “a participar neste evento, que conta con categorías para todas as idades co obxectivo de promover o deporte para toda a familia”.

Loureiro quixo desexar “todos os éxitos a Adrián Ben nesta nova cita olímpica, na que de seguro fará, como sempre, unha actuación espectacular”.

Máis información en tourmariña.com e inscricións en ccnorte.com.

Exit mobile version