Abadín, 20 de xullo, 2024. O accidente mortal sucedeu na LU-P-0108, ao seu paso pola parroquia de Castromaior, en Abadín (Lugo).
O 112 Galicia recibía a chamada de varios particulares ás 08:10 horas informando do accidente. No seu relato indicaban que unha furgoneta impactara contra unha árbore e a persoa que se atopaba no seu interior non respondía.
De xeito inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 así como dos Bombeiros de Vilalba. Desgraciadamente, unha vez puideron abrir a porta do vehículo e acceder á persoa, só se puido confirmar o seu falecemento.
Cabe destacar, que desde o 112 Galicia tamén se informou aos axentes da Garda Civil.