Con saída dende a propia praia de Arealonga e percorrendo varias pistas e camiños forestais, en menos de 4 km, os participantes alcanzan o cumio do monte Comado, cunha altitude de case 500 m., de ahí o nome de ½ km vertical, relativo ós metros positivos que se acumulan no percorrido.
O prazo para inscribirse remata o 18 de xullo e para iso pódense dirixir á web do evento https://mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com/ ou na web do circuito +Km Barreiros https://maiskmsbarreiros.gal/es/web/evento/2701/
O record da proba foi establecido na edición 2023 por Adrián López Baltar en 22 minutos 25 segundos.