O 27 de xullo ás 21:00 hrs, actuación de Branca Travieso Merino e Pablo Escámez, quen transportará aos asistentes desde o Romanticismo tardío ata o impresionismo con obras de Elgar, Dutilleux, Ravel e Koechlin.

Terá lugar o xoves 10 de abril, ás 19h, na Biblioteca Pública.
Será co Obradoiro de Canto Coral do Conservatorio de Música de Viveiro con voces moi próximas pero sorprendentes tanto en calidade como co programa que ofrecerán. Será na Igrexa de Santa María ás 20,30h.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu no pavillón Vista Alegre ao partido da Primeira División Iberdrola FS entre o CD Burela FS e o Futsi Atletico Navalcarnero.
Neste encontro, que se desenvolveu en San Caetano, a conselleira e a alcaldesa abordaron posibles actuacións en materia de vivenda e infraestruturas neste municipio lucense. Allegue e Gueimunde coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e a reforzar a competitividade do municipio.
Será entre os días 12 e 16 de abril. Como cada ano conta coa organización da Asociación Prestoxove co patrocinio do Concello.
Nesta ocasión o acento estará no mundo do viño. Da man da prestixiosa catadora lucense Isa Lozano, o restaurante ofrecerá cinco viños seleccionados, que serán comentados pola catadora, que se acompañarán con cinco tapas deseñadas para a ocasión polo restaurante. As prazas son limitadas, teñen un custo de 32€ e é necesario reservar con antelación.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas titulares de inmobles residencias sitos no termo municipal do concello de Xove en contornas sen rede de saneamento municipal que estean provistos de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais en sitios sen rede de sumidoiros municipal. As bases foron públicadas no BOP do 8 de marzo e pódense ver tamen no taboleiro de anuncios do Concello de Xove.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital