O rexedor fixo “unha valoración moi positiva desta enquisa que un medio de comunicación encargou e nos trasladou esta fin de semana, que puidemos ler todos e analizar todos. É unha enquisa que nos enche de responsabilidade, porque o pobo de Ribadeo fai unha valoración moi positiva deste ano e desde logo eu o que quero é agradecer, en primeiro lugar, agradecerlle ao pobo de Ribadeo toda esa confianza que nos traslada. Vamos seguir traballando, vamos seguir xestionando orzamento para Ribadeo para facer máis grande o pobo que todos queremos. E tamén lle quero trasladar un agradecemento profundo a todos os membros do goberno que están traballando e están dedicando toda a súa vida a levantar este pobo, a xestionar, a traballar. E é nosa obriga, dende logo é o que temos que facer. E tamén lle quero agradecer a todos os técnicos municipais, aos funcionarios por todo ese traballo que están facendo. Sen ese equipo de persoas é imposible xestionar o día a día municipal. E evidentemente, tamén a Corporación Municipal, aos membros da oposición, cada un desde o seu punto de vista, pero todos queremos a Ribadeo e todos queremos o mellor para a Ribadeo”.
Dani Vega asegurou que “nosoutros vamos seguir traballando. E o que nos traslada esta enquisa, con total responsabilidade, con total humildade, seguir traballando e seguir avanzando todos xuntos. Os problemas que detectan os ribadenses non son os problemas que dependen da xestión do Concello, non temos competencias nesas problemáticas que trasladan os ribadenses como pode ser a vivenda, a sanidade, o paro…”.
O alcalde declarou: “e evidentemente o pobo do Ribadeo valora moi positivamente a limpeza e a recollida do lixo, a atención cidadá e a xestión dos trámites, os servizos sociais, o medio ambiente, o turismo, a escola de música, a cultura… Todos estes servizos que dependen directamente do Concello teñen unha nota moi alta”.
Vega subliñou que “vamos seguir traballando, vamos seguir xestionando orzamento e estamos nos temas que priorizamos, desde logo nós creemos e así tamén o avala esta enquisa, que estamos traballando no máis importante. Evidentemente, o día a día absórvenos total e absolutamente, pero hai que ter unha capacidade de xestión. E tamén traslada esta enquisa unha estabilidade política e unha estabilidade administrativa. Eu sempre, e todo o goberno o dicimos que Ribadeo ten que abrir as portas á inversión e desde que levamos este pequeno espazo de tempo no Concello foi o que fixemos e vamos a seguir facendo abrir as portas á xestión, máis inversión para Ribadeo, traballo, dedicación e estar ao lado de todos os ribadenses. Iso é a obriga, pero tamén a vocación que temos cada un de nós”.