O rexedor explicou que “convocamos a Xunta Local de Seguridade para organizar, para concretar toda a seguridade de eventos, festexos… Todos estes meses de verán nos que Ribadeo é un concello de alta afluencia turística e, polo tanto, debemos dotar aos espazos de seguridade”.
Vega declarou: “agradézolle á subdelegada do Goberno, tamén aos corpos e forzas de seguridade do Estado, tanto á Garda Civil, á Policía Nacional, como á Policía Local, a todos os membros que van estar en todos os eventos, que van estar en todos os festexos de Ribadeo. E nosoutros sempre priorizamos a seguridade, algo fundamental, algo moi importante, nun concello con esta capacidade turística que ten Ribadeo”.