Daban as 14:10 horas cando o 112 Galicia tivo constancia do suceso mediante a chamada dun particular. Segundo indicaba, unha persoa caera desde un cantil en Loiba, Ortigueira. Este particular engadía que non sabía onde se atopaba a persoa trala caída, xa que non era capaz de visualizala.
Axiña, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas, dos Bombeiros do Eume, dos membros do GES de Ortigueira, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil.
Finalmente, os equipos de emerxencia desprazados informaron ao 112 Galicia do achado do corpo na auga, baixo unhas rochas. O rescate do mesmo levouse a cabo polo helicóptero Pesca II, de Gardacostas de Galicia.